sábado, 29 de septiembre de 2012

Cronica

O día 21 de xullo colaborando coa organización do Mercado Medieval de Alfoz a asociación de sendeirismo “Paso Miúdo”fixemos a ruta Camiño do Mariscal. Fixemos esta ruta por dous motivos: Un, a participación no Mercado Medieval e outro para daremos a coñecer o que nun futuro (esperemos que non moi lonxano) sexa o enlace co Camiño Norte de Santiago e co Camiño do Mar.

Comentaba Rivas que é moi difícil reflexar nunha foto a miña expresión ó ver chegar a xente a Basílica de San Martiño, a verdade é unha emoción moi grande ver a 180 persoas dispostas este día a camiñar con nós.

O día presentábase agradábel para camiñar, pouco a pouco comezaron a chegar os autobuses de: O Corroucho (A Coruña) Peña Furada (Navia) A Pandela (Vegadeo) Os Sendeiros (Foz) Sociedade Micolóxica Lucus (Lugo) e por suposto Paso Miúdo (Val do Ouro).

Saímos de San Martiño e despois de 2 km. de asfalto cruzámola carretera para seguir por camiños no que nos acompañou unha cabra (parecíamos a lexión) durante un bo treito do camiño.

Logo de que nos saíran ó encontro nunha congostra uns ladróns medievais fixemos unha parada para reagruparnos e beber auga (estabamos na metade do recorrido). O longo do camiño a xente cambiaba uns con outros experiencias vividas noutras rutas e así pouco a pouco fómonos acercando ó castelo de Pardo de Cela.

Antes de chegar fixemos outro reagrupamento no cal mentres chegaba a xente eu vestíame de acordo coa época (parecía un templario protexendo os peregrinos). A chegada o castelo foi espectacular, alí esperaba Pardo de Cela a súa dona e ós seus fillos, que nun principio pensaron que eramos o exercito de Mudarra que viñamos a detelo, pero despois de aclarar que eramos xente de ben deunos a benvida e convidounos a unhas viandas. Logo de Xantar e disfrutar dos entretementos do mercado cada grupo volveu para a súa casa non antes de quedaremos para o vindeiro ano

Quero agradecer a tódalas persoas que directa ou indirectamente colaboraron con nos este día, e por facerme sentir esa emoción que tardarei en esquecer

Gracias

Angel Rivas

No hay comentarios:

Publicar un comentario